O Museo das Peregrinacións e de Santiago recibe o Premio Internacional APECSA polo seu labor na difusión da cultura Xacobea

07 Novembro 2023
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na entrega do XI Premio Internacional APECSA 2023 de divulgación do Camiño ao Museo das Peregrinacións e de Santiago concedido pola Asociación de Periodista e Estudosos do Camiño de Santiago.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recolleu o XI Premio Internacional APECSA 2023 de divulgación do Camiño, concedido pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Este recoñecemento, materializado na escultura Harmonía de Luís Loureira, destaca o labor do centro museístico a prol do Camiño de Santiago, funcionando como espazo de acollida e centro de difusión da Ruta Xacobea. “O traballo analítico, retrospectivo e documental que se realiza desde o Museo das Peregrinacións representa un labor de responsabilidade cultural, pero tamén un exercicio de memoria colectiva”, salientou Román Rodríguez. A institución pon en valor de xeito multidisciplinar “os distintos achados que se producen no marco do estudo do Camiño e cuxos esforzos asentan o interese que suscita cada ano o fenómeno xacobeo e da cidade de Santiago”, engadiu.

Este labor ten como resultado o éxito de asistencia ás súas instalacións, que cada ano reciben uns 50.000 visitantes, sen esquecer que cada ano “continúa desenvolvendo un traballo inestimable de ampliación e mellora de servizos con novas exposicións e novas interpretacións do Camiño”, puntualizou o titular de Cultura.

Contedor cultural
Como valorou o xurado para outorgar o premio ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, a entidade funciona como contedor cultural de relevancia en relación coas artes plásticas, producindo e organizando exposicións temporais e contribuíndo, mediante o préstamo dos seus fondos, á proxección da cultura de Galicia e, moi particularmente, á cultura das peregrinacións e á cultura xacobea.

En palabras do conselleiro, o traballo do Museo desde esta perspectiva é “por extensión, unha ollada directa á historia común de todo o país”. Nesta liña, hoxe é “máis necesario que nunca seguir coñecendo a fondo ao Camiño para asegurar o legado espiritual e histórico da súa pegada e a súa transmisión a futuras xeracións”, focalizou.

Durante a súa intervención, o titular de Cultura tamén quixo recordar a Ramón Irago Silva, quen finou este ano e a quen se lle dedica esta undécima edición do Premio Internacional Apecsa. Pintor, mestre, promotor e defensor dos valores do Camiño, foi un “auténtico promotor e defensor dos valores do Camiño de Santiago”, dixo Román Rodríguez, remarcando que a figura do Ramón Irago Silva debe “servirnos de exemplo e de inspiración para seguir traballando para mellorar a visibilidade do Camiño”.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na entrega do XI Premio Internacional APECSA 2023 de divulgación do Camiño ao Museo das Peregrinacións e de Santiago concedido pola Asociación de Periodista e Estudosos do Camiño de Santiago.

Outros artigos

Luns con chuvascos e baixada de temperatura

Galicia atoparase durante esta xornada baixo os efectos dunha borrasca localizada ao norte da península Ibérica que introducirá aire frío e inestabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...