“O día que o ceo se vestiu de negro” – Manuel Domínguez

21 Novembro 2023
O autor do artigo, á dereita, con Robert Kennedy fillo

22 de novembro de 2023.
O día que o ceo se vestiu de negro.
Hoxe hai 60 anos do asasinato do presidente John Kennedy.
Naqueles anos en España mostrábase antes da película un documental chamado NO-DO noticiario de información do réxime, noticias do mundo ou Franco inaugurando algo ou o ministro de industria ou turismo, promoción das marabillas daquela España.

Alí observei que os presidentes, desde a óptica da miña idade todos eran vellos, Franco maior, De Gaulle igual, ou K Adenauer en Alemaña, no Reino Unido H Macmillan, todos en certa idade que lucían canas.

Alí nese momento xurdiu un presidente novo alegre de boa presenza John Kennedy, iso ilusiónome, observar a política.
Non tiña TV, era un fan da radio, Cirilo Rodrigues, Alberto Oliveras, co seu fantástico programa Ustedes son formidables, a radio e a lectura os meus fieis amigos.

Recordo serían as 7,30 horas españolas, a radio anuncia o atentado en Dallas, o presidente Kennedy morrera.

Todos temos luces e sombras, nuns prevalecen, as sombras, outros quedan nas páxinas da historia.
A entender. ”Non preguntedes o que o voso país pode facer por vós senón preguntarvos que podedes facer vós polo voso país.” discurso inaugural.

Pasado o tempo, necio un certo interese polo seu irmán Robert Kennedy naquel momento ministro de xustiza, o interese foi crecendo ata chegar o día en que compartín dúas ceas co seu fillo Robert, ao pai chamábanlle cariñosamente Bobby.
Tamén cun triste final, a nai Rosa tivo a xentileza de enviarme unha foto, a mesma que ela mantén encima do seu piano, xunto a de John e a súa outro fillo Joseph falecido na II Guerra Mundial no Canal da Mancha.

En fin, pregúntome como sería o mundo se os dous irmáns tivesen a posibilidade de executar os seus mandatos.
Un triste recordo non, unha esperanza de vida.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.