O debut como director de Javier Veiga inaugura a XXIV Mostra de Curtas Vila de Noia

02 Novembro 2023

Este mércores 1 de novembro levantouse o pano da XXIV Mostra de Curtas Vila de Noia, cuxa sección oficial desenvolverase até o novembro. A cita inaugurouse coa proxección de Amigos hasta la muerte, o debut do galego Javier Veiga, que contou cun Coliseo Noela ateigado de público e coa presenza do elenco protagonista (Javier Veiga, Marta Hazas, Xosé Antonio Touriñán, David Amor e Patricia Castrillón).

Na inauguración do festival tamén estiveron presentes o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, e o concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, que foron os encargados de dar a benvida e inaugurar esta edición da mostra. Logo da proxección tivo lugar no Coliseo Noela (sede habitual das proxeccións) un coloquio co público asistente. Por certo que a organización pendurou nas redes sociais un vídeo-resumo da inauguración desta XXIV convocatoria do festival, entre outros contidos.

O programa da mostra incluirá estes días unha xornada que leva o nome de Cousas de aquí e que servirá como escaparate para os traballos locais, por exemplo Rodrigo Romaní, vibración e silencio, de Ignacio Carnota.

Ademais, farase entrega do Premio Honorífico da Mostra, que este ano será entregado ao actor galego Javier Gutiérrez, gañador de dous premios Goya e natural de Ferrol. Ten protagonizado grandes éxitos (de público e artísticos) do cinema español recente, como por exemplo Durante la tormenta (2018), de Oriol Paulo; Campeones (2018), de Javier Fesser; ou El olivo (2016), de Icíar Bollaín. Tamén protagonizo, entre outras moitas, O descoñecido (2015), do galego Dani de la Torre, rodada na Coruña.

O cartel deste ano é obra do artista Xosé Luis Axeitos.

Máis información (puntual e actualizada) no Facebook do certame.

Na súa 23ª edición, as grandes triunfadoras foron a cinta escandinava Tonser, Premio á Mellor Curtametraxe na Mostra Vila de Noia; Mañana Volveré, de Hugo de la Riva, Premio Especial do Público; e o actor e director Iván Marcos, quen recibiu o galardón honorífico. O ano pasado tamén pasou á historia pola emotiva homenaxe ao actor, director e humorista galego Pedro Brandariz, recentemente falecido.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.