A concelleira de Educación de Ribeira, Cruz Rivadulla, e José Fungueiriño, profesor de saxofón do Conservatorio Municipal, presentaron este 22 de novembro unha nova edición da Aula Galega de Saxofón, organizada polo Conservatorio Municipal para este curso académico. “É unha actividade formativa practicamente única no estado tanto pola súa temporalidade como pola gran relevancia e nivel do seu profesorado”, explicou a concelleira.
“Este ano a Aula vai contar con 8 encontros de novembro a xuño con saxofonistas de recoñecemento a nivel nacional e internacional”, apuntou a edil, engadindo que “o alumnado usuario da actividade vai dende o grao elemental ata estudantes de superior e profesionais que desexan continuar ou completar a súa formación ou que ven a Aula como un método de actualización profesional”.
O profesorado previsto para este curso será o será; Xabier Casal (Membro de Fukio Saxophone Quartet e profesor Conservatorio Superior das Illas Baleares), Adrián Pais (profesor do Conservatorio Superior de A Coruña), Xavier Larsson (Membro de Fukio Saxophone Quartet e profesor Conservatorio Superior de Berlín), Miguel Ángel Lorente (profesor en Musikene – Centro de Estudos Superiores do País Vasco), Carlos Ordóñez (Membro da Banda da Guardia Real), Takahiro Mita (pianista acompañante no conservatorio Superior de Música de Aragón) e Roi Barros (luthier, reparación de instrumentos e colaborador da actividade).
Actualmente hai 14 alumnos e alumnas inscritos que chegarán a Ribeira dende lugares como
Rianxo, Valga, Vila de Cruces, Coruña, Pontevedra, Santiago, Sanxenxo, Ribadumia e Oviedo.