O Conservatorio de Noia organiza en decembro un obradoiro de técnicas para combater a ansiedade escénica

02 Novembro 2023

O Conservatorio de Noia Felipe Paz Carbajal vai acoller un obradoiro práctico para axudar aos novos talentos a superar a ansiedade escénica, organizado polo Conservatorio de Noia en colaboración coa ANPA e impartido por Chus Vega, profesor de saxo e psicólogo. Celebrarase o vindeiro sábado 16 de decembro, de 10 a 14 horas, no Coliseo Noela, cun número máximo de asistentes de 30.

Segundo informan dende a organización, ao remate desta actividade formativa as persoas participantes estarán en disposición de entender a influencia da ansiedade escénica na execución persoal en probas, audicións e concertos; de identificar os procesos psicofisiolóxicos da ansiedade escénica para poder controlalos; e de poder aplicar técnicas específicas na práctica diaria cos seus instrumentos. Tamén estarán capacitadas para preparar calquera intervención ante o público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...