O Concello Lousame denuncia que Movistar deixou sen servizo telefónico á veciñanza de Fruíme desde o 24 de outubro

03 Novembro 2023


A alcaldesa lamenta a falta de solucións por parte da compañía e estudará a posibilidade de cambiar o contrato de servizo telefónico municipal diante desta falta de empatía da empresa coa veciñanza .

O Concello de Lousame denuncia que os veciños e veciñas da parroquia de Fruíme levan sen servizo telefónico de Movistar desde o pasado 24 de outubro.
Once días nos que a operadora non foi quen, nin sequera, de identificar a incidencia e se limita a contestar que se está traballando nunha pronta solución A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “estamos falando dunha parroquia con moita xente maior, polo que dende o Concello estamos preocupados porque sabemos que moitos deles teñen servizo de teleasistencia e que para case todos o móbil converteuse no seu único medio de contacto coa familia. Pero tamén hai empresas que están a verse
prexudicadas pola falta de empatía que Movistar amosa cara as familias e empresas do rural”.
Neste sentido, o Concello de Lousame leva dende o pasado 24 de outubro facendo chamadas de denuncia e presentando queixas por escrito. De feito, o pasado 31 de outubro chegou unha resposta por escrito de Movistar na que reproducen as mesmas indicacións que por teléfono: que son conscientes da existencia dunha incidencia, que non identifican pero na que aseguran
levan máis de 10 días traballando para a súa pronta resolución.
“Levan dicindo o mesmo desde o primeiro día”, lamenta Teresa Villaverde, “pero se despois de dez días de traballo non foron quen nin de identificar o problema, a compañía ou ben ten unha falta total de empatía co rural ou amosa unha total incompetencia á hora de resolver os problemas técnicos”. Por iso, a alcaldesa de Lousame asegura que “imos seguir reclamando a Movistar que arranxe xa os problemas en Fruíme e estudaremos tamén a posibilidade de cambiar o contrato do servizo telefónico do Concello. Porque se unha compañía amosa esta falta de empatía coa veciñanza, tampouco queremos que nos presten servizo”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.