O Concello de Ribeira adxudica o saneamento da avenida Ramiro Carregal, no Polígono de Xarás

06 Novembro 2023

O Concello de Ribeira adxudicou o saneamento da avenida Ramiro Carregal, no Polígono Industrial de Xarás. A obra, cun orzamento de 117.701,53 euros, executarase nun prazo de 3 meses. O 80% do proxecto financiarase coa subvención concedida ao Concello para a habilitación e mellora de infraestruturas do parque empresarial, e o 20% restante financiarase con fondos propios.

Segundo informou o Concello, nesta vía existe un tramo de saneamento antigo que presenta problemas de atascos con frecuencia, por iso, é preciso instalar un novo colector para solucionar os problemas de saneamento. Esta medida é “esencial para a recolección e o transporte adecuado das augas residuais xeradas polas actividades industriais no polígono” segundo explicou o alcalde Luís Pérez, engadindo que “un colector ben deseñado e mantido axuda a previr a contaminación do solo e da auga subterránea, e contribúe a mellorar a saúde pública e reducir o impacto ambiental da actividade industrial na contorna.”

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...