O alcalde de Dodro participou nunha xornada sobre recursos para frear o despoboamento rural

06 Novembro 2023

O alcalde de Dodro, Xabier Castro, participou os días pasados en Carballeda de Avia (Ourense) nunha xornada sobre o despoboamento do rural e os medios para reverter a situación. A xornada estaba impulsada desde a Asociación Provivienda, unha entidade sen ánimo de lucro que promove desde 1989 unha vivenda digna para as persoas. O encontro tivo lugar dentro do programa #HábitatRural.

A reunión tiña como obxectivo reflexionar sobre as barreiras e os facilitadores para recuperar as contornas rurais baixo o lema Os nosos pobos son oportunidades que cambian vidas. O proxecto busca facilitar unha vivenda a quen máis a precisa ao mesmo tempo que se promove a ocupación do espazo rural, buscando un asentamento permanente e non temporal.

O alcalde de Dodro, Xabier Castro, explica que o encontro “serviu para poñer en común os problemas de vivenda da nosa sociedade e as solucións que o rural pode aportar ao tempo que traballa para reverter o despoboamento”.

Castro engadiu que “agora que se volve a poñer o dereito a unha vivenda digna no centro do debate, e que as novas tecnoloxías permiten a descentralización do traballo, o rural ten unha oportunidade de facerse protagonista e Dodro ten que estar aí”.

No encontro participou tamén José Carlos Pérez, impulsor da aplicación móbil Aldealista que foi finalista nos premios European Technology Awards. A aplicación implica a administracións, compañías privadas, grupos e asociacións de desenvolvemento rural, emprendedores e aos propios usuarios coa finalidade de coñecer aldeas e pobos e, tal vez, mudarse a eles.

Outros artigos

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Domingo con alerta laranxa nas rias baixas desde as 15 horas

Unha borrasca ao nordés de Galicia pon en alerta por forte vento ao litoral este domingo A presenza dunha borrasca ao noroeste de Galicia deixará forte vento no mar este domingo, con intervalos de forza 8 entre A Guarda e Sisargas. En terra espéranse refachos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...