Nove establecementos de Boiro participan no concurso Barbanza Arousa + Q Tapas desta fin de semana

08 Novembro 2023

Durante o venres de 20:00h a 22:00h, sábado de 12:30h a 14:30h e 20:00h a 22:00h e domingo de 12:30h a 14:30h celebrarase a novena edición do concurso BA+QTapas en Boiro que organiza a Mancomunidade Barbanza Arousa.

Os establecementos participantes son: A Do Beiro, A Batea de Juan, A Terraza do Furancho, Castelao, Uttap, Tecate, Pik by Xoanes, Puerto Victoria e Cafetería Barbantía. Neles poderanse degustar tapas a 2,50€ con produtos de proximidade, cada participante no concurso recibirá un rasca con premios.

O obxectivo da Mancomunidade é dinamizar a hostalaría e poñer en valor os viños da IXP Barbanza e Iria, concretamente as Adegas situadas en Boiro, Pobra e Rianxo.

Logo de que Rianxo superase as expectativas, con máis de 900 tapas vendidas, Boiro afronta esta edición con moito optimismo. A madriña do evento será a tiktoker boirense @Oliva_sinhache

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.