“Mozos traballadores” – José Manuel Pena

22 Novembro 2023

Que poden chegar a pensar moitos dos nosos mozos cando escoitan, de certas persoas, sobre que non queren traballar porque están a percibir as prestacións por desemprego, unhas axudas sociais ou que viven a gusto na casa dos seus pais, e á súa costa?

A maioría desta xente nova cre que eses non son argumentos sólidos nin reais, unicamente son opinións moi sectarias dalgúns empregadores aos que lles custa cumprir coa lexislación laboral e pretenden escravizalos, con baixos salarios, excesivos horarios, ningún día de descanso, nin pagas extras, nin vacacións retribuídas.

A precariedade e os abusos laborais obríganlles a buscarse a vida na economía mergullada ou ter que saír das súas localidades ou comarcas en busca de mellores oportunidades en países europeos. Mentres tanto, eses denominados “empresarios” aproveitan a man de obra barata de certos inmigrantes que chegan en busca de oportunidades a España.

A maioría dos nosos mozos son traballadores, ben formados e dispostos a enfrontarse ao futuro, dentro da legalidade e son contrarios ás prácticas abusivas, máis propias de sociedades terceiromundistas e de épocas pasadas.

Outros artigos

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

+

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...