Mércores chega o frío e mais choiva

07 Novembro 2023

Unha fronte fría atravesará Galicia durante o mércores deixando ceos con máis nubes canto máis ó oeste e precipitacións máis cuantiosas na provincia de Pontevedra, oeste da Coruña e sur de Ourense.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en terra, fortes no mar, virando a compoñente norte co avance da tarde tralo paso da fronte, á vez que baixarán en intensidade.

Meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do norte á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á noite e 3.5 a 4.5 metros á tarde.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...