Domingo seguen os chuvascos e ventos fortes

04 Novembro 2023

Tras unha xornada do sábado na que a borrasca ‘Domingos’ deixou en Galicia estradas cortadas, ríos desbordados e ventos de máis de 170 qm/h , a xornada do domingo estará caracterizada pola inestabilidade atmosférica, con intervalos nubrados e chuvascos, localmente acompañados por aparato eléctrico e mesmo ocasionalmente de sarabia. A cota de neve baixará ás últimas horas ós 1.100 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos con intervalos moderados no interior, moderados con intervalos fortes na costa.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 7 a 8 metros á mañá, 6 a 7 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...