“Descarbonizar con hidróxeno verde. Un paso adiante que pode truncarse en Galicia”. Antón Luaces

29 Novembro 2023

A descarbonización é un dos grandes retos europeos e mundiais diante do desafío que significa no mar, en terra e no aire o  cambio climático.

Fundamental nesa descarbonización será o papel que xogue o hidróxeno verde, nomeadamemte no eido dos combustibles. Este tipo de hidróxeno verde ou renovable -considerado a enerxía do futuro- é unha das solucións máis importantes nese proceso de descarbonización. Ao mesmo tempo, e aínda que existen opinións contrapostas a este respecto, o hidróxeno verde é un dos elementos químicos máis simples, e na súa condición de combustible xa citada, libera enerxía sen emitir gases contamiñantes.

O hidróxeno é o elemento máis abundante do universo. Non cheira, non se ve, non se toca e podería descarbonizar o planeta . Prodúcese pola separación de moléculas de auga en hidróxeno e en osíxeno empregando electricidade renovable. Posteriormente recóllese e úsase, mentres que o osíxeno, se non hai necesidade de demanda na zona, libérase como derivado.

Moitas industrias importantes xa utilizan hidróxeno nos seus procesos de produción: por exemplo as de aceiro, químicas, vidro e moitos outros produtos da industria pesada. Usan hidróxeno fabricado de xeito tradicional a partir de combustibles fósiles, liberando grandes cantidades de dióxido de carbono á atmosfera. De substituir ese hidróxeno procedente de combustibles fósiles por hidróxeno renovable (verde), reducirían enormemente o seu impacto no planeta.

O sector do transporte representa en España o 25% das emisións totais de gases de efecto invernadoiro e case o 40% das emisións dos denominados sectores difusos. É posible descarbonizar este sector empregando a tecnoloxía denominada “pila de combustible de hidróxeno”, que utiliza como fonte de enerxía o hidróxeno. Este leva ás cero emisións de carbono aos vehículos e pode usarse, a máis, para descarbonizar o transporte marítimo e aéreo.  

A primeira pranta industrial de hidróxeno renovable xa está funcionando en Mallorca, ideada como unha pranta ao tempo que como todo un ecosistema de consumo de hidróxeno verde. Producirá, cando menos, 300 toneladas a maiores para servir de múltiples opcións enerxéticas á illa balear.

En Galicia, a primeira pranta destas características utilizará auga da lagoa das Pontes. Está concebida en fases acumulativas de 20, 30 e 50 megavatios de potencia, e poderá acadar unha potencia global de 100 MW. Poderá evitar mensualmente a emisión á atmosfera de máis de 12.000 toneladas equivalentes de monóxido de carbono, segundo as fontes consultadas. O complexo precisa dunha superficie de 35.000 metros cadrados e xerará 50 empregos directos e 55 indirectos.

A antiga mina de carbón que alimentou a térmica das Pontes será o berce en Galicia da primeira gran pranta de hidróxeno verde e Reganosa a súa xestora. O orzamento total para a execución material do proxecto é de 156,2 millóns  de euros (a memoria do proxecto eleva o investimento a case 209 millóns de euros: 79,6 millóns na 

primeira fase, e 131,5 para a segunda).

Outra pranta -a segunda, esta de metanol, a GREEN UMIA- vai instalarse en Caldas de Reis, e a pranta produtora Julio Verne, deseñada para o porto de Vigo. No porto exterior da Coruña existen tamén proxectos relacionados  coa produción de hidróxeno verde.

Compre engadir que Galicia non poderá dispor de fondos europeos para o transporte polo hidroducto de hidróxeno verde desde Portugal ata Alemaña , atravesando Francia. O treito Zamora-Guitiriz queda excluido da rede troncal Ibérica, o que significa un atranco importante  para o desenvolvemento nesta Comunidade Autónoma da produción de hidróxeno verde.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.