Brinquedia convoca un ano máis o Día do Peón en toda a xeografía galega (con acto central en Lousame)

07 Novembro 2023


Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, programa para o próximo 11 de novembro a XVII edición do Día do Peón baixo a lema Polo San Martiño, peóns ao camiño. A iniciativa busca normalizar o patrimonio lúdico entre a sociedade e, en particular, as buxainas na rapazada. Como en anteriores edicións, o colectivo convida aos centros educativos, asociacións, administracións e persoas da pé a que se fagan cun peón (decorado ou non para a ocasión) e o poñan a bailar conxuntamente este sábado nun espazo público, subindo fotos ás redes sociais coa etiqueta #DíaDoPeón2023.

A convocatoria anual designa un concello no que se centraliza a xornada. Se en anteriores edicións foron Santiago, Ferrol, Melide, Carnota, Outes, Noia, Ourense, Manzaneda, Pontevedra ou Brión, neste 2023 o elixido é Lousame. O acto central celebrarase dous días antes, o 9 de novembro ás 11 da mañá, en San Roquiño. Consistirá no lanzamento colectivo de peóns e bailaretes coa comunidade educativa do CPI Cernadas de Castro, formada por máis de 250 rapazas e rapaces de 3 a 16 anos de idade. Tamén haberá un obradoiro de peóns e un magosto cortesía do centro educativo. Así mesmo, a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, dará lectura ao manifesto redactado para a ocasión por persoal municipal. Trátase dunha proclama, segundo explica Brinquedia, que xa contou coas verbas de María Lado, Suso de Toro, Antón Cortizas, Xabier P. DoCampo ou Daniel Pino, entre outras.

“A convocatoria”, engade a rede, “quere volver a traspasar fronteirasco como en anos anteriores, cando se uniron á mesma á Ikastola Alkartu de Barakaldo ou o Centro Galego Bizkaia, entre outros”.

Brinquedia naceu o 27 de marzo de 2005 logo da Asemblea Fundacional realizada na Casa da Cultura de Riotorto (Lugo) para promover o xogo tradicional galego. Está formada por persoas físicas e xurídicas con interese no patrimonio lúdico.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...