As táboas do Elma acollen a función teatral Soños este 19 de novembro

18 Novembro 2023

O ciclo teatral do mes de novembro que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña achega ao Teatro Cine Elma unha terceira función esta fin de semana.

Será este 19 de novembro, ás 19.00 horas. Artefeito+Culturactiva+Igaxes levarán á escena Soños, que se centrará na situación da mocidade tutelada de xeito integral.

A escrita provén do contacto directo do autor, Fernando Epelpe, e da directora, Tamara Canosa, con rapaces e rapazas de vivendas tuteladas, que levan as súas experiencias ao escenario cun contido realista e directo que reflicte algúns dos obstáculos que afrontan no seu día a día. Ademais, o respecto ás distintas culturas é outro dos temas que se vai tratar.

Neste senso, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, manifesta que, con esta terceira peza teatral, “na programación tamén hai oco para a reflexión e a sensibilización con contido social e co traballo conxunto dunha entidade sen ánimo de lucro e dúas cooperativas.”

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.