ADISBISMUR celebra o Día da Discapacidade abrindo as portas do seu centro de Valadares á veciñanza

29 Novembro 2023

O día 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data que dá visibilidade a un colectivo que forma o 9% da poboación. Como este ano a data é un domingo, dende a asociación ADISBIRMUR de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros decidiron adiantar os festexos para o venres, día 1 de decembro.

Unha das accións que van a levar a cabo é unha xornada de portas abertas do centro de día e ocupacional que teñen en Valadares (As Touzas,s/n , Valadares, 15239 Outes), convidando a todas as familias e á veciñanza a que visite o centro e poida ver todos os talleres e servizos que se desenvolven.

Outra das actividades que realizarán será unha ruta polos catro concellos de ámbito de actuación da entidade, sendo Outes, Mazaricos, Carnota e Muros, para repartir agasallos realizados polas persoas usuarias do centro para conmemorar o Día da Discapacidade, ademais de vender rifas e outros produtos artesáns feitos no centro.

Para ampliar información contactar coa entidade no teléfono 625 35 21 19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.