
Este mércores 29 de novembro abriu as súas portas, cun acto de inauguración formal, o novo establecemento Eroski Center de Rianxo. Emprazado na urbanización Virxe de Guadalupe, o novo local conta cunha superficie de preto de 1.400 m2 e estacionamento cuberto para clientes con 59 prazas dispoñíbeis. Ofrece a residentes e visitantes máis de 13.100 referencias, das cales o 30% corresponden con produtos frescos das seccións con venda asistida de froitaría, panadaría, carnicería, chacinaría e peixería. Para este establecemento, que conta cun equipo de 39 persoas, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski investiu preto de 2,2 millóns de euros. Co neste novo punto de venda, Velgalsa-Eroski suma un total de 93 tendas en Galicia.

No acto de inauguración estiveron presentes o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski de Vegalsa-Eroski, Florentino Vázquez e o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; quen durante a súa intervención destacou “a grande aposta da compañía polos produtos frescos, locais e de tempada como valor diferencial da insignia Eroski Center e que os clientes poderán atopar a súa disposición neste novo e mellorado establecemento”.

Aposta polos produtos frescos e de proximidade
Nun horario de atención ao público de 09:15 a 21:45 horas, os clientes poderán atopar neste novo establecemento unha gran selección de produtos frescos composta por preto de 4.000 referencias, o que supón o 30% da oferta total. A aposta polos produtos frescos e de proximidade complementarase cunha atención personalizada dispoñible nas seccións defroitería, panadaría, carnicería, chacinaría e peixería que contan con venda asistida.

Ademais, o establecemento dispón doutros servizos de valor como máquina de zume recentemente espremido, cortadora de pan, servizo de envío a domicilio ou unha selección de produtos ecolóxicos con preto de 50 referencias.
Os clientes poderán gozar tamén das vantaxes da tarxeta Eroski Club e Eroski Club Ouro, coa que poderán acumular un desconto directo de entre o 4% e o 6% en todas as súas compras.
Para acometer as obras de acondicionamento deste novo local a compañía galega de distribución alimentaria levou a cabo un investimento total próximo aos 2.200.000 euros. Como dixemos, a atención ao cliente estará cuberta por un equipo de tenda conformado por 39 persoas, entre as que se atopa o equipo ao completo do anterior establecemento que a marca dispuña en Rianxo así como novas incorporacións.



