“A imaxe de independencia xudicial pode estar en entredito”. Antón Luaces

19 Novembro 2023

A Asociación Xuízas e Xuíces para a Democracia, que amosara o seu rexeitamento ás referencias explícitas no documento subscrito por PSOE e Junts ao “lawfare” ou xudicialización da política e as súas consecuencias, insiste en que as concentracións dos profesionais xudiciais “poden danar a imaxe de neutralidade e imparcialidade” mesturando a xudicatura nun contexto “de enfrontamento partidista no que non debe participar”, razón pola que esta asociación non tomará parte nesas mobilizacións.
Afirman as xuízas e xuíces citados que as concentracións de protesta contra a lei de amnistía que se están a convocar diante das sedes xudiciais “poden afectar a imaxe de independencia e neutralidade do poder xudicial” no contexto actual.
Este domingo, o secretariado da Asociación expresou nun comunicado que o Poder Xudicial debería estar alonxado das protestas e lembra que tanto o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, como o Tribunal Constitucional, e os principios de Basalore sobre a conduta xudicial, insisten en que “tan importante coma o valor mesmo da independencia xudicial, é a apariencia de tal e a imparcialidade de que a xudicatura debe transmitir” .
As concentracións de colectivos xudiciais diante das sedes da xustiza española en prácticamente todas as provincias -con moitos dos seus integrantes sen se desprender da toga- como protesta polo pacto PSOE-Junts, suscitou comentarios nada favorables á protesta dos xuíces, por entender en moitos casos que tal protesta apoiaba explícitamente as teses ao respecto de partifos políticos como PP e VOX.
Cinco son as asociacións profesionais de xuíces españois, e a de xuízas e xuíces para a Democracia (consecuencia dunha escisión da Asociación Profesional da Maxistratura, esta de sentido nidiamente conservador) fundada en 1984, ten carácter progresista. Celebrou en redes sociais o precordo acadado no seu momento por PSOE e Unidas Podemos para formar goberno, asumindo que a suma de forzas progresistas daba opcións a políticas favorecedoras da igualdade e a garantía dos dereitos e liberdades. Nada significou neste senso en relación aos pactos para a investidura de Pedro Sánchez, nen os de lexislatura asinados polo PSOE con algunhas das formacións políticas que agora apoiaron na investidura.

Outros artigos

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.