A borrasca ‘Domingos’ deixa en Galicia estradas cortadas, ríos desbordados e ventos de máis de 170 qm/h. Máis de 800 incidencias desde a tarde de onte

04 Novembro 2023

As incidencias relacionadas con fenómenos meteorolóxicos adversos aumentan na comunidade nunha xornada marcada polos efectos dos fortes ventos e das chuvias. Nas últimas 24 horas, o 112 Galicia rexistrou un total de 806 incidencias, 760 no día de hoxe.

Como vén sendo habitual, as caídas de árbores e pólas nas estradas son as incidencias máis repetidas, con máis da metade dos casos contabilizados no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (446). Séguena as tarefas de prevención de riscos por parte dos servizos de emerxencias (88), os postes e cables nas vías de circulación (70) e os anegamentos en estradas (30).

Menos repetidas, aínda que frecuentes desde a tarde de onte, cóntanse incidencias relacionadas cos restos de accidentes ou os derrubamentos de terra e pedras nas estradas (27) ou os derrubamentos, por exemplo, de fachadas (17). Por último, destacamos os anegamentos en vivendas (11), rúas (6) e garaxes (3).

As provincias máis castigadas polos episodios meteorolóxicos adversos son Pontevedra (310) e A Coruña (228). Pola súa banda, Lugo (158) e Ourense (109) superan por primeira vez o cento de casos.

En canto aos concellos, os máis afectados na provincia de Pontevedra son Vigo (40), Pontevedra (21), Lalín (18) e A Estrada (15). Na da Coruña, Narón (14), Ortigueira (10) e Santiago (12). En Ourense destacan O Carballiño, que acumula 9, Celanova, con 6, ou Ourense, con 4. Lugo (14), Palas de Rei (10) e Mondoñedo (8) sobresaen na provincia lucense.

Incidencias destacadas
Durante a tarde de hoxe repetíronse incidencias relacionadas co vento, como o desprendemento da fachada dalgún edificio. Ocorría, por exemplo, en Narón, minutos despois das 13 horas.

Tamén, un veciño contactou desde a localidade da Cañiza para informar de que lle voara o tellado da vivenda, sen causar danos persoais.

En Bande, o vento tombou unha torre de alta tensión preto das 16 horas da tarde, deixando sen luz ao pobo de Garabelos. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción dos axentes da Garda Civil e do GES de Muíños. Algúns pobos, como o da Fonte Rastrada, en Crecente, quedaron illados polos obstáculos nas estradas. Neste caso, por un desprendemento de terra e pedras que obriga á intervención dos servizos de emerxencias.

As árbores e pólas causaron incidencias na circulación en vías como a N-547 (Palas de Rei), LU-612 (Lugo), N-120 (Ponteareas), N-634 (Barreiros), PO-344 (Tomiño), A-6 (Begonte), AP-9 (Portas) ou N-525 (Lalín).

De feito, unha árbore caeu enriba dun coche que circulaba pola rúa de José Núñez Novo, en Pontecesures. Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Un caso similar ocorría en Maside, aínda que nesta ocasión o vehículo estaba aparcado. Tampouco houbo que lamentar danos persoais.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.