A ANPA O Campo (CEIP Santa Irene) celebra o seu magosto este 11 de novembro

06 Novembro 2023

Continúan as festas do magosto na nosa comarca. Este sábado 11 de novembro, sen ir máis lonxe, a ANPA O Campo do CEIP de Santa Irene (Porto do Son) celebra unha festa de outono na praza de España de Porto do Son, ás 19.00 horas.

A cita trasladarase ao Club de Xubilados de Porto do Son en caso de choiva.

Será, en palabras da organización, “unha tardiña moi xeitosa”, cun plan inmellorábel de castañas asadas e foliada libre, con actividades creativas para a rapazada (por exemplo unha sesión de maquillaxe relacionada cos elementos propios desta época do ano).

Outros artigos

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Domingo con alerta laranxa nas rias baixas desde as 15 horas

Unha borrasca ao nordés de Galicia pon en alerta por forte vento ao litoral este domingo A presenza dunha borrasca ao noroeste de Galicia deixará forte vento no mar este domingo, con intervalos de forza 8 entre A Guarda e Sisargas. En terra espéranse refachos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...