
O consello de administración da Editorial Galaxia acordou o nomeamento de Xosé Manuel Soutullo como director xeneral da Editorial, tras a dimisión de Francisco Castro o pasado mes de setembro.
A dimisión de Francisco Castro produciuse despois da polémica por mor de que o escritor Alberto Ramos, nunha entrevista concedida a Praza Pública pola publicación do seu libro ‘Os corpos dos Romanov’ (editado por Galaxia), denunciase o seu proceso de edición e opinase sobre algúns aspectos da xestión da empresa cultural.
Segundo informou a editorial, o consello de administración acordou este nomeamento. Soutullo é actualmente director da Fundación Penzol e conselleiro da Editorial Galaxia, na que desenvolveu unha dilatada vida profesional no ámbito da edición e da produción cultural.



