Veciñas de Castiñeiras reúnese co Concello para pedir solución ao transporte público

18 Outubro 2023

As veciñas de Castiñeiras que hai uns meses recolleron firmas para pedir melloras no transporte público, reuníronse co alcalde de Ribeira para ver de buscar unha solución aos problemas co transporte público.
O alcalde, segundo os veciños dixo que, tal e como saíu nos medios, reuníronse recentemente con
representantes da empresa, que reiteraron as súas promesas, pero aínda non cumpriron ningunha. Así, quedaron de enviar ao concello un modelo dos horarios que se van poñer nas marquesiñas, pero case tres semanas despois, seguen sen envialo, e segue sen haber nas marquesiñas horario en ningún formato: nin en papel, nin en código QR.
Os veciños queren lembrar que xa en maio, na reunión que tiveron coa empresa e representantes da Consellería e do anterior equipo de goberno, prometeran dotar inmediatamente tódalas marquesiñas de horarios en ambos formatos.
Tamén comentaron que a policía local está facendo controis aleatorios sobre o cumprimento dos horarios e outras incidencias. Levantan actas dos incumprimentos, para logo envialas desde o Concello á Consellería e outras administracións. Píden que, se alguén ten constancia dalgunha incidencia, pida unha folla de reclamacións e a presente por rexistro. Dese modo, unha copia vai para a Consellería, outra queda no concello e outra quédase con ela a persoa que a presentou, e así queda constancia de tódalas
queixas tanto no concello como na Consellería. No caso de que deneguen a folla de reclamación, o que se debe facer e chamar aos municipais, para que levanten acta do que está pasando.
Con respecto á petición dunha nova reunión con representantes da Consellería, para ver como valoran desde esta o feito de que meses despois a cuestión siga igual, o alcalde díxo que desde o Concello solicitaron unha reunión con representantes da Consellería xa hai tempo, sen que de momento houbese resposta. Os veciños insisten na petición de que reiteren esa solicitude, e o alcalde dixo que así o faría.
En relación ao tema do transbordo para o Barbanza, parece que aínda non foi aprobado pola Concellería, a pesar de que na reunión que tiveron con eles dixeran que non había problema.
Na reunión falouse tamén de outras cuestións relacionadas con Castiñeiras, como a recolocación ou reposición de espellos nalgúns cruces, e a persistencia dos cheiros nalgunhas zonas, así como a reposición da pantalla vexetal do tanque de tormentas dos Areeiros, que actualmente está moi deteriorada.

Pediron tamén que se fale con Costas sobre a lamentable situación en que se encontra o río Listres, convertido nunha fochanca infecta.
Por último, preguntarob como estaba o tema da fibra, xa que en Castiñeiras siguen carecendo dela, algo incomprensible nun momento no que as empresas reciben suculentas subvencións por dotar de fibra o rural. O alcalde comunicou que están negociando cunha empresa para buscar unha solución para esta zona.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...