“Unha alta porcentaxe dos mortos en 11 días de combate en Gaza son nenos” – Antón Luaces

18 Outubro 2023

As guerras, sempre indesexables, van encamiñadas sempre a causar vítimas humanas. Últimas novas estiman en 500 os mortos nun bombardeo israelí nun hospital de Gaza. Máis sendo este un feito sumamente doloroso, aínda o resulta máis o de saber de fontes fiables que son arredor dun milleiro os nenos e nenas que, ao cabo de 11 días de ataques aéreos na Franxa de Gaza -o que equivale a un meniño morto cada 15 minutos- os nenos representan un terzo do total de mortos, polo de agora, en Gaza.

Son, polos menos, outras 1.300 as persoas mortas en Israel polos foguetes de Hamás. Aínda que ninguén confirma a cifra de cativos mortos, si se sabe que están gravemente afectados, a máis da probable existencia de nenos e nenas entre as 199 persoas secuestradas e levadas a Gaza como reféns polo grupo terrorista Hamás.

Sen auga, sen alimentos, sen medicinas, a vida é imposible nesa zona de Oriente próximo na que se estima en máis de 4.000 os mortos, moitos deles civís (incluídos eses nenos e nenas citados anteriormente) cantidade que pode ser amplamente superada porque o peor está por chegar se temos en conta o dito por Benjamín Netanyahu, presidente israelí, cando, vai uns días, afirmaba  que “isto é só o comezo”. Entre os secuestrados por Hamás figura o futbolista bilbaíno Iván Illarramendi, de 46 anos, cuxa inmediata liberación reclama o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que insistiu na necesidade de que ambos os Estados, Israel e Palestina, acaden unha solución. Outra cidadá hispano-israelí, Maya Villalobo, asimesmo secuestrada por Hamás, faleceu. Illarramendi atopábase coa súa dona no kibutz Kissufim, preto da fronteira coa Franxa de Gaza, que foi asaltado por milicianos de Hamás no ataque do 7 de outubro.

Non é de agora esta circunstancia, porque xa se cumpriron 75 anos do comezo deste conflito ao que ninguén pon remedio e vai sendo hora de levar aló unha paz xusta e duradeira, como reclama a organización CEAR, que esixe axuda humanitaria e a activación de corredores humanitarios para as persoas atrapadas en Gaza.

Máis dun millón de persoas foron desprazadas forzosamente dos seus fogares en só unha semana, a maioría refuxiados palestinos que xa fuxiran previamente.

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.