
Tras 40 anos (39 anos e 5 meses segundo Xaquin) exercendo de conserxe do colexio CEIP Plurilingüe Santa María do Castro da parroquia de Cabo de Cruz, no municipio galego de Boiro, na Coruña, Jose Joaquín Fernández Toucedo “alias Xaquin ou Xocas” recibiu a despedida máis emotiva que podía imaxinar este sábado 30 de setembro no lugar onde vivei e traballou arreo.Así como iba medrando o centro iba medrando a súa familia tamén. Non é un conserxe como outro calquera, asenón que é máis ben un piar fundamental da escola ao que todo o mundo que o coñece botará de menos a partir de agora.
Querido polo alumnado, profesorado e familias, poucas persoas da localidade non coñecen a Xocas despois de catro décadas como conserxe e que tantas xeracións de nenos e nenas o coñeceron. Agora que lle toca despedirse da que era a súa casa, decenas de docentes, alumnado e amizades déronlle unha gran despedida pola súa xubilación. Houbo moitas sorpresas e regalos pero sobretodo moitas emocións polo recoñecemento que merece.

Houbo tempo para os discursos, que Xaquín aguantou como un camión (aínda que algunhas bágoas cairon). Falaron: a actual directora centro, a penúltima directora e ata a primeira directora que tivo este centro. Por outra banda rimos un pouco coas anécdotas dunha antiga alumna, mestra e nai na actualidade así como amigos próximos de Xaquín.
Despois dos abrazos, fotos e inauguracións chegou a hora do xantar. Á organización do centro, encabezada pola súa directora Lucía Abad Sánchez, preparou unha comida típica galega para mais de 100 persoas, como as que lle gustan a Xaquin, empanada, polbo e churrasco para complacer ós mellores paladais. Un día redondo para alguén que se entregou en corpo e alma polo centro e por todas as persoas que pasaron por el.
Xaquín despedíase o día 15 dos corredores que tantos centos de veces percorrera cambiando lámpadas, arranxando xanelas ou portas, asistindo ao que o necesitase… en definitiva, controlando que todo marchase ben no colexio. En case 40 anos, soamente faltou ó traballo 1 día. Non era un traballo, era unha extensión da súa casa.

Carpinteiro, xardiñeiro, fontaneiro, electricista, pintor, informático, constructor, cociñeiro, cantante, dj, psicólogo, filósofo, biólogo, axente forestal, meteorólogo, pedagogo, guía turístico, organizador de eventos folclóricos diurnos e nocturnos, relacións públicas, catador, xastre, negociador, garda de seguridade, enfermeiro, curandeiro, cesteiro, oleiro, ebanista, encuadernador, inventor, coleccionista de antigüidades, amante da natureza, deportista polifacético,cerralleiro,compañeiro, confidente, amigo, pai, avó,en definitva “o que manda no cole”. Todo iso, e máis, é Xaquin para o cole, pero sobre todo unha boa persoa, algo cabezota e teimudo, que estaba (e seguirá estando) para o que se precisase.

Chegou ao colexio galego con 24 anos e axudou na construción do mesmo alá polo 1983 e, antes de dedicarse a coidar as instalacións como conserxe, Xaquín traballara embarcado con tan só dezaseis aniños, case nada. Tamén fixo os seus “pinitos” na contrución.
Agora, coa xubilación, chega tamén o momento de descansar e de gozar da súa familia coa conciencia tranquila de cumprir con creces o seu traballo e deixar unha gran pegada neste colexio que non será o mesmo sen él.
De todas formas, no centro xa “ameazamos” con chamalo moitas veces para non perder a costume e volver disfrutar da súa presencia e sabedoría. Non o olvidaremos xamais.
Por tanto amor que demostrou por esta casa inauguramos unha placa conmemorativa na entrada do centro e bautizaremos a biblioteca do cole co seu nome. Pasará a chamarse “Biblioxocas” para manter vivo o seu recordo coas novas xeracións. (Javier Miguez Mato)

fotos remitidas



