“Tía Manuela: Con poesía, camiñar engorde”. Luís Celeiro

26 Outubro 2023


Nas ourelas do tempo atópanse sorpresas. Algunhas para esquecer definitivamente e outras, as máis, para recrearse nelas, para acariñalas e desfrutalas. Son como vivencias de nós e dos nosos. Vivencias que xa foron, pero que seguen aí marcando unha época, como chantos de lousa que ninguén move nin debe mover. Nas ourelas do tempo hai cousas que moitos quixeran ver; escóitase o tempo ao pasar e apáñase a herba, cada día, ao medrar.
Tamén medra a ilusión e, igual que a herba, vese medrar. A ilusión por chegar, por saber e recordar medra e non para de medrar, abrázase ao teu peito, agárrase coa súa forza enteira e sustenta ao pasado nun instante.
Si, así o fixo Manolo (Núñez Pérez) do Cebreiro cando descubriu que aquel cura actor do documental “Le Chemin de St. Jacques”(1952), era o párroco do Cebreiro, naquela época de mediados do século pasado, cando el nacera. Era o crego que o bautizou, cando se bautizaban a tódolos nacidos en Galicia e no noso mundo mundial.
Nas ourelas daqueles anos, Ramón Cabanillas, de Fefiñáns (Cambados), refuxiábase no mesmo Camiño de Santiago, nun dos primeiros mosteiro que alumeou, como a Vía Láctea, o camiñar dos peregrinos, e alí escribiu versos magníficos para publicar nun libro sobranceiro, co título de Samos.
Como se estivese estudiado, programado e preparado, o mesmo día que a francesa Denise Péricard-Méa presentaba o documental cinematográfico en Santiago de Compostela, no marco do Encontro Mundial de Asociacións Xacobeas, o profesor Francisco Fernández Rei falaba, en Samos, de Cabanillas, do Mosteiro, do abade Mauro Gómez Pereira, da xente, da paisaxe e da poesía, ao lado da alcaldesa, Chus López, e ao pé da Torre do Reloxo.
Outros políticos locais, xente do lugar, un concelleiro de Cambados e a neta do poeta, Pitusa Cabanillas, escoitaron, con moita atención e compromiso, aquilo de “Como un ramalliño de rosas sangales / pañadas nos folios dos vellos anales”, versos do poema dedicado aos frades beneditinos e que, para publicalo, foi modificado o seu final, atendendo ás suxestións dos editores.
A poesía, a música, o camiñar engorde, a literatura, a arte, as pedras e as xestas, os edificios e as paisaxe “son -como di a Tía Manuela- parte dese misterio que une terras e pobos e xentes, culturas e razas”.
O Camiño e a poesía agárranse da man e van xuntos, abren paso e cerran feridas e dan alento, como fixeron en Santiago todos os que alí se achegaron.

Mención expresa para Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; o presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño e catedrático de Historia da Arte Medieval na Universidade Autónoma de Barcelona, Manuel Castiñeiras; o historiador e membro do mesmo Comité, Francisco Singul, e Ildefonso de la Campa, do Xacobeo. Para eles e para os integrantes das asociacións participantes, agradecementos e parabéns.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.