Sumar Galicia celebra este mércores 25 en Noia unha xuntanza cos militantes e a cidadanía en xeral

24 Outubro 2023

A deputada no Congreso dos Deputados, Verónica Martínez Barbero, participará este mércores 25 de outubro nun acto de Sumar Galicia en Noia. Será ás 20:30 horas no Edificio do Antigo Casino, onde acompañarán á deputada o concelleiro noiés Manolo Seijas e a referente local Lola Caramés.

O obxectivo destes encontros, que se celebrarán ao longo de todo país, é, segundo Martínez Barbero, “o de trasladar á cidadanía o traballo de Sumar Galicia no Congreso dos Deputados, ademais de escoitar as problemáticas máis importantes da comarca para buscar solucións, sempre dende a nosas firmes conviccións progresistas e da defensa dos dereitos das persoas traballadoras”.

Martínez Barbero confirma que “é coñecedora da nefasta campaña marisqueira, que leva á perda de emprego de máis dun millar de persoas”, e que, sen dúbida “terá consecuencias económicas moi graves para a comarca”. Por iso, engade, é importante que a administracións, sobre todo a Xunta de Galicia, realicen políticas claras de “protección social”. Dende Sumar Galicia confirman que, logo dunha xuntanza co grupo municipal da Marea de Noia, “trasladarán de xeito urxente ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións acelerar o trámite por parte do ISM dos ceses de actividade das campaña marisqueira, dun xeito máis áxil e eficiente”.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.