
En todo o territorio español a pregunta é, con matices, a mesma: son os xuíces ou son os policías os que fan que a inseguridade en vilas e cidades sexa tan evidente que as cifras de delincuencia deu en se multiplicar de xeito impensable en España e, nomeadamente, en Galicia?.
No primeiro trimestre deste ano, a criminalidade medrou en España un 7,2%, con máis de medio millón de infraccións penais contabilizadas polas forzas de seguridade. No caso dos homicidios consumados, ese incremento foi do 13,5%, cifrados en 84 fronte aos 74 do mesmo período de 2022.
Segundo os datos do Ministerio do Interior, referidos ao período de xaneiro a marzo, mesmo aumentou o número de secuestros, dos que se investigaron 34 fronte aos 13 do mesmo trimestre do ano anterior, o que significa un 161,5% de incremento.
Do total de 588.785 delitos contabilizados no período xaneiro-marzo de 2023, o 81,7% teñen que ver coa criminalidade convencional. Hai un aumento considerable das estafas informáticas nos últimos anos (de 70.178 no ano 2016, a 336.778 en 2023) o que, de feito, significa un incremento do 379,95%, sempre segundo a información que emana do Ministerio do Interior.
A criminalidade medrou -afirma o devandito Ministerio- en todas as comunidades autónomas, agás en Galicia, Cantabria e Castela e León, con descensos do 8,3%, 1,7% e 0,7% respectivamente, a máis de en Ceuta, cunha baixada do 9,3% . En senso contrario, subiu en Murcia (14,5%), A Rioxa (13,8%), Comunidade Valenciana (12,2%) e Cataluña (11,3%). En Andalucía, Baleares e Extremadura, os delitos subiron un 10%.
Con estes datos referidos á comunidade galega, a percepción cidadá é moi distinta: os comentarios xiran sempre arredor de incrementos delitivos en áreas de Pontevedra-Vigo, Santiago-Ordes, Bergantiños, A Coruña, O Barbanza e Ferrolterra e, acto seguido xorden os comentarios en torno ao labor das policías locais, autonómicas e nacional, e Garda Civil, que se considera diminuíron en canto a número e eficacia, botándose en falta a policía de barrio nas cidades e a presencia da Garda Civil en vilas e pobos. Barállase tal cúmulo de circunstancias como consecuencia -amais desa ausencia policial nas rúas- a unha especie de relaxamento na aplicación das leis, o que se entende como un desleixo por parte de municipios e autoridades policiais no cumprimento das súas obrigas de vixilancia e control, ao mesmo tempo que se critican determinadas leis que a vox populi considera laxas para o grao que se entende ten o presunto delito cometido: “Os delincuentes entran nos xulgados por unha porta e saen inmediatamente pola outra”, o que leva a pensar en que non se lles castiga axeitadamente, que as leis non se axeitan á realidade dos supostos delitos cometidos, ou que as leis desde a concepción dos políticos que as aproban non van na liña do que os xuíces determinan en función delas.
Resulta evidente que diminuíu a presencia policial na rúa, que non se percibe a presencia de patrullas da Garda Civil en concellos menores -agás no caso das encargadas do tráfico rodado- e que a redución do plantel de policía local -na Coruña é máis que evidente- só é equivalente á diminución que experimentan asímesmo os bombeiros municipais,



