O temporal deixa en Galicia máis de 300 incidencias, con estradas asolagadas, voos cancelados e baixos asolagados

28 Outubro 2023

Baixos comerciais e de vivendas e sotos situados no centro urbano de Ribeira resultaron asolagados como consecuencia da gran cantidade de choiva caída entre as tres e as catro  desta tarde do sábado,  coincidindo coa pleamar, que algunhas testemuñas indicaron que era a máis grande que lembraban, o que impediu que as precipitacións caídas puidesen desaguar.

As costas da Mámoa e de Cubeliños convertéronse no máis parecido a unhas cataratas pola cantidade de auga caída nese curto espazo de tempo, provocando a formación de balsas de auga, especialmente, na coñecida como rotonda da Sirena.

Na zona da Ponte do Engano, no Freixo, mesmo se orixinou unha manga mariña que esnaquizou os tellados de varias casas, ademais doutros danos.

Por outra banda  o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia atenderon. sobre todo, árbores caídas (125), anegamentos en rúas e estradas (58) e riscos derivados da situación meteorolóxica (34).

A forte chuvia e o vento deixou máis de 300 incidencias ata as seis desta tarde repartidas por toda Galicia, aínda que foron as provincias da Coruña e Pontevedra as que concentraron o maior número de intervencións polo clima: 149 A Coruña e 92 Pontevedra.

Vigo, Nigrán, Pontevedra, Vilagarcía, dentro da provincia de Pontevedra; Santiago, Boiro, Ribeira, na Coruña, Ribadeo, Foz, Palas de Rei, en Lugo; e Ribadavia, en Ourense; foron os concellos que máis intervencións sumaron.

Con todo, cómpre indicar que ningunha das incidencias foron de gravidade, polo que debemos seguir extremando a precaución, e prestando especial atención ás condicións das vías e ao estado dos ríos.

Santiago rexistrou anegamentos en diferentes vías do municipio, mesmo houbo condutores que quedaron atrapados por bolsas de auga. Ocorreu na Rúa Fontes do Sar, pero tamén na Enfesta, debaixo da Ponte da AP-9, e na Rúa Clara Campoamor.

Por outra banda, desde Pontevedra, desde a PO-11, moitos condutores contactaron co 112 Galicia para informar da subida da mar e o desbordamento sobre a autovía. Esta situación dificultou moito a circulación en ambos os dous lados da circulación.

Ademais, en Ponteceso, botouse por fóra o río Anllóns, e tiveron que intervir os efectivos do GES da localidade.

Igualmente, en Cervo, un vehículo saíuse da vía debido a unha importante bolsa de auga na estrada LUP-1510. Houbo dúas persoas feridas, aínda que de carácter leve.

En Vedra, un tren que percorría o tramo Santiago-Ourense bateu contra unha árbore ao paso por Vedra. Ninguén resultou ferido, pero os sete pasaxeiros tiveron que baixar o convoi e adaptarse a un traslado alternativo. O persoal de seguridade de Adif organizou este transbordo.

Fotos: Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.