O PP da provincia reúne ós 37 alcaldes saídos das últimas eleccións

05 Outubro 2023

O presidente provincial dos populares na Coruña, Diego Calvo, mantivo unha reunión de traballo cos 37 rexedores que o PP conseguiu nas últimas eleccións, entre eles os de O Son, Noia, Lousame e Rois, e anunciou a celebración dunha xornada de formación para concelleiros o próximo 28 de outubro

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, resaltou hoxe a “forza” que representan os alcaldes do PP, e puxo como exemplo de “boa xestión” o seu labor á fronte dos concellos coruñeses. Nunha reunión mantida en Arteixo cos 37 rexedores que os populares lograron nas últimas eleccións municipais celebradas o pasado mes de maio, Calvo asegurou que o seu partido é unha “formación de alcaldes”, en clara referencia á importancia e ao peso específico que a súa figura ten dentro da organización.
Acompañado polo secretario xeral dos populares na provincia, Evaristo Ben, Calvo deu a benvida aos alcaldes que estrean cargo –Cabanas, Cerdido, Teo, Oroso, Ortigueira, Cariño, Ferrol, Ponteceso- e reclamou aos máis veteranos que axuden aos novos en todo o que necesiten. “É importante que manteñamos estas reunións para falar de temas que son comúns para todos, pero tamén é necesario que
entre todos os alcaldes do PP teñamos unha boa comunicación para poder compartir problemas e buscar solucións xuntos”, apuntou.

Ao longo da reunión, o presidente provincial puxo sobre a mesa o problema que está a xerar aos concellos asumir competencias que non son propias. Entre elas, Calvo incidiu en todo aquilo que ten que ver coa posta en marcha da nova Lei de Benestar Aninal aprobada polo Goberno Central e que obriga aos municipios para facerse cargo de moitas tarefas que non lles corresponden.
En campaña
Calvo aproveitou a súa intervención para subliñar que en menos de oito meses os galegos están chamados ás urnas para elixir o goberno autonómico. “Descoñecemos se haberá repetición de eleccións xerais, iso dependerá do que digan os partidos nacionalistas cataláns e do que estea disposto a ceder Pedro Sánchez”, afirmou Calvo, quen insistó en que “o que é seguro é que, aínda que non saibamos a data concreta, no próximos oito meses haberá eleccións en Galicia e temos que estar preparados para iso”.
Neste sentido, o líder dos populares, que anunciou a celebración dunha xornada de formación para concelleiros de todos os concellos da provincia o próximo 28 de outubro, recalcou a “necesidade” de que alcaldes e portavoces teñan “activado” o partido.
“É importante que, como facemos sempre pero agora máis que nunca, esteamos preto dos nosos veciños, que lles expliquemos o que está a pasar no país e que lles fagamos chegar a nosa postura en todos os temas e en todos os debates que irán saíndo estes días”, sinalou Calvo.
Sobre este asunto, o presidente popular aproveitou para cargar contra Pedro Sánchez ao que acusou de estar disposto ao que faga falta por alcanzar a presidencia. “Os galegos non nos podemos quedar de brazos cruzados #ante unha persoa que está disposta a perdoar 450.000 millóns de euros a unha comunidade, mentres aquí seguimos sen o tren de alta velocidade, sen o viaduto da AP-6 ou sen moitos
servizos que levamos tempo reclamando”, concluíu.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.