A deputada, Ana Belén García Vidal, destaca os cerca de 18 millóns de euros que os orzamentos galegos inclúen de forma directa para a comarca.
A deputada popular destacou a inversión de 3,1 millóns de euros que permitirán a mellora do sistema de abastecemento, saneamento e depuración de auga no Concello de Noia. García Vidal puxo en valor a partida de 2,5 millóns de euros para levar a cabo a Residencia de Maiores de Ribeira, dentro duns orzamentos que cualificou de “marcado carácter social”.
A deputada do Partido Popular, Ana Belén García Vidal, asegurou hoxe en Noia que o esforzo inversor que a Xunta de Galicia levará a cabo a través dos orzamentos aprobados para o ano 2024 “reafirma” o compromiso do Goberno Autonómico cos concellos do Barbanza. En total, explicou García Vidal, a comarca recibirá cerca de 18 millóns de euros de inversión directa, aos que haberá que sumar as partidas xenéricas en Sanidade, Deporte, Dependencia e os beneficios fiscais que un ano máis desfrutarán todos os galegos.
Por capítulos, a deputada popular destacou a inversión de 3,1 millóns de euros que permitirán a mellora do sistema de abastecemento, saneamento e depuración de auga no Concello de Noia, ademais dos 6,91 millóns para a mellora tamén do sistema de abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa. Nesta partida, o Concello de Porto do Son levará 0,6 millóns de euros para o saneamento na parroquia de Queiruga, e o de Lousame 0,5 para a EDAR que afecta aos lugares de Devesa, Silva, Berrimes e Quintáns.
A residencia de Ribeira
En materia de Política Social, ademais de que o Goberno Galego seguirá a financiar o 70% do Servizo de Axuda no Fogar, a Xunta fixou tamén unha partida de 2,5 millóns de euros para levar a cabo a Residencia de Maiores de Ribeira, de 239.000 para a residencia de A Pobra e de 200.000 euros para o Centro Socio Cultural de Muros.
“Os veciños da comarca do Barbanza poderán desfrutar duns orzamentos que teñen un marcado carácter social”, apuntou García Vidal, que destacou tamén os 300.000 euros que permitirán seguir ampliando a área de hospitalización no Hospital do Barbanza.
Dentro das partidas de 7,18 millóns de euros do Plan de Atención Primaria e de 14 millóns do Plan de Atención Primaria FEDER 21-27 para construción de centros de saúde, a Xunta, explicou a popular, ten reservados 400.000 euros para o proxecto do novo centro de saúde de Noia, unha vez que o concello xa cedeu a parcela.
García Vidal destacou tamén que, en materia de Infraestruturas, Noia recibirá un millón de euros para a conversión en autovía da do VAP Brión-Noia, e tamén están nos orzamentos os 500.000 euros para o proxecto da variante de Ribeira.
Dentro da comarca, apuntou a deputada, Porto do Son levará 515.000 euros para a construción da nova nave de redes e para os departamentos para usuarios, mentres que Boiro recibirá 38.500 euros para melloras no Plan de Transferencias, e Mazaricos -25.000 euros– e Ribeira -36.000- para axudas do PXOM.
Os orzamentos máis elevados da historia de Galicia
“Estamos a falar dos orzamentos máis elevados da historia de Galicia -13.257 millóns de euros-, que inclúen o maior gasto social invertido na nosa comunidade e que permitirán reforzar un ano máis o gasto en sanidade -5.000 millóns-, educación e políticas sociais”, apuntou García Vidal, quen destacou que Galicia acumula xa quince anos de estabilidade económica.
A popular aproveitou tamén para poñer sobre a mesa a importancia de partidas que permitirán poñer en marcha un bono universal de 5.000 euros para as persoas con dependencia que son atendidas nos seus fogares e un complemento de 1.200 para os dependentes que empreguen unha residencia da súa elección.
En deportes, García Vidal avanzou que Galicia contará co orzamento máis alto nesta materia -56 millóns de euros- nos que se inclúen o bono deportivo de 120 euros para que os nenos federados de entre 6 e 16 anos poidan comprar material deportivo. “A todo isto temos que sumar a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, as axudas para a compra de libros de texto e o feito de que a nosa comunidade teña o calendario de vacinación máis completo de España”, dixo.
A popular indicou tamén que o documento económico permitirá seguir consolidado a rebaixas fiscais que estaban en vigor en Galicia. “Fronte a medidas de apoio ás persoas maiores, de simplificación de investimentos e de rebaixas de impostos, por parte da oposición o único que se escoitou foi dicir que Galicia vai fatal e que todas as medidas son nefastas”, lamentou García Vidal, quen incidiu en que o que de verdade está a pasar é que “Galicia é unha illa de estabilidade, o contraste da situación de bloqueo que vive España e a parálise e retroceso que provoca o o independentismo, só centrado en lograr os seus obxectivos ideolóxicos