O legado de xograr galego Martín Códax centra un recital este xoves en Rianxo

25 Outubro 2023

Este xoves 26 de outubro o Auditorio de Rianxo vai acoller varias actividades culturais de gran interese celebradas ao abeiro do Día das Artes Galegas 2023 (adicado ao noso poeta e xograr Martín Códax). En primeiro lugar, Margarita Viso (piano) e María José Ladra (mezzosoprano) interpretarán As Cantigas de Matín Codax. O recital irá precedido dunha introdución a cargo do académico Juan Durán. A cita será a partir das 20.30 no Auditorio.

Ademais, clausurarase oficialmente a exposición O Pergamiño Vindel localizada no mesmo emprazamento (no primeiro andar do Auditorio), que se puido ver dende o día 20. Nesta mostra amósase o manuscrito que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax, ademais da melodía de seis delas, entre outras pezas e material de gran relevancia histórica.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.