O detido polo atropelo mortal de Santiago cambia de versión ante a xuíza

06 Outubro 2023


Os dous detidos por este tráxico suceso pasaron a disposición xudicial e a maxistrada do xulgado número un, na que recaeu a causa enviou a prisión provisional comunicada e sen fianza a Iván Méndez Fernández, de 30 anos e veciño de Teo. É o fillo dun coñecido empresario local, dono da firma Guindastres Castmart, e asegurou que era el o que conducía o vehículo, o que fixo que a súa noiva, Débora Gómez Chouza, de 27 anos de idade e natural de Ribeira, quedase en liberdade pero coa obriga de comparecer cada quince días no xulgado.
Segundo recolle La Voz de Galicia, en comisaría Iván Méndez non quixo declarar, aínda que si o fixeron tanto el como a súa noiva no interrogatorio ante a xuíza. No xulgado modificou a versión que deu nas súas primeiras manifestacións á Garda Civil, cando relatou que estivera facendo garda na rúa Poza Real de Arriba de Santiago porque quería sorprender ao autor das picadas a rodas de automóbiles que, segundo dixo, estaban a producirse neste lugar.

Engadiu que lle pareceu verlle danando un vehículo e quixo darlle un susto, pero a situación fóiselle das mans e acabou coa morte do veciño. Agora sinalou que o sucedido foi «un lamentable accidente de tráfico», explica o seu avogado.

obarbanza.gal

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.