O BNG critica ao PP por rexeitar a súa proposta de incluír melloras na rehabilitación do Castelao

06 Outubro 2023

A deputada do BNG, Rosana Pérez defendeu incluír varias obras co fin de  mellorar a Rehabilitación do CEIP, Daniel Rodríguez Castelao en Rianxo e considerou que de non executalas a rehabilitación non poderá ser denominada como  “integral.

A deputada do BNG, lamentou que o Partido popular rexeitara a proposta que incluía, entre outras melloras, a instalación de elevadores en cada un dos edificios do centro para “resolver definitivamente os problemas de accesibilidade e mobilidade de persoas con mobilidade reducida. Ademais, tamén demandou a “habilitación da antiga vivenda de conserxería para instalar dependencias administrativas e dedicar as actuais a habilitar e ampliar a biblioteca escolar”.

A nacionalista propuxo a substitución do actual peche exterior para mellorar a seguridade do centro e como unha solución integrada co entorno e o propio centro educativo.

Todas estas melloras, dixo, son  produto das demandas da comunidade educativa, pero todo indica que seguen sen formar parte das “prioridades da consellería” que elaborou un proxecto de “ rehabilitación integral” por valor dun millón de euros e deberían ser incluídas na  rehabilitación e  “accesibilidade total”  promovida pola Consellería dentro do Plan Nova Arquitectura Pedagóxica.

Hai meses, dixo Rosana Pérez que dende o BNG denunciamos a “sobredose de propaganda da Xunta “ sobre o Plan de Nova arquitectura Pedagóxica porque constatamos que na realidade, “dista moito de cumprir coas expectativas marcadas”.

A deputada nacionalista insistiu en que a proposta do BNG inclúe “actuacións básicas” avaladas pola  corporación municipal de Rianxo que aprobou unha moción no mes de xullo para solicitalas  no proxecto , e nesta mesma  liña vai , dixo, a  proposición non de lei que hoxe defendemos.

A parlamentaria do BNG lamentou que a portavoz popular Partido popular, Elena Suárez Sarmiento  se limitara na súa intervención  a “ler o papel que lle envían da consellería” e a exercer “de transmisora de propaganda” e explicou que o BNG valora todas as actuacións que se están executando pero, tamén consideramos que hai outras importantes que deben ser incluídas porque as determinadas pola  Xunta “non son suficientes”.

No concepto de Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica onde entran os centros que carecen de ascensor e sen accesibilidade en pleno século XXI? preguntou de maneira irónica.

O proxecto tamén incluía outras moitas actuacións que finalmente non se van executar no Plan de Rehabilitación Integral do Ceip, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, aínda que ao seu xuízo “de integral ten pouco” pola falta de actuacións básicas como as mencionadas.

Dende o BNG, recalcou Rosana Pérez, non podemos comprender que a consellería renuncie aos elevadores e polo tanto á mellora da accesibilidade. Hai votante do Partido popular, dixo a nacionalista, que tampouco entenden esa decisión nin que o PP continúe defendendo o slogan de “integral” cando non inclúe os elevadores.

A nacionalista rematou a súa intervención agardando que o conselleiro de Educación rectifique e introduza as melloras propostas polo  BNG, o concello e a Comunidade educativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.