Novo número dobre da edición en papel de “O Barbanza”. As actividades de outono e un especial sobre Valle-Inclán na edición de outubro

12 Outubro 2023

Como cada mes chega un novo número de “O Barbanza” na súa edición impresa. A publicación xa en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos do outono.

Nesta edición destacamos un especial dos 25 anos das Xornadas Valle-Inclán na Pobra, con artigos e entrevistas o neto do insigne escritor, de Siro, Xoán Fdez, o director xeral de Cultura e artigo de Antonio González Millán, director do Museo. Tamén rendimos unha homenaxe a Borobó, nos vinte anos do seu pasamento cun artigo de Antón Luaces.

E coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan estes números de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 7.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.189 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.

As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

O próximo número da nosa publicación impresa sairá a mediados de novembro. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.