Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros galegos participarán na Liga impulsada pola garda civil para promover a formación en ciberseguridade

14 Outubro 2023

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros educativos de Galicia, entre eles os de Noia e Rois, participaran este curso na modalidade preamateur da V Ciberliga 2023, unha actividade teórico-práctica de formación en ciberseguridade e en prol dun exercicio responsable da cidadanía dixital. A iniciativa é impulsada pola Garda Civil e foron elixidas para participar nesta iniciativa Galicia, Castela–A Mancha e Madrid.
Será o Instituto Nacional de Ciberseguridade o que desenvolva a actividade ao longo do primeiro trimestre do curso 2023-2024, con dúas fases clasificatorias. A primeira delas, a nivel galego, consistirá nunha formación en streaming dunha hora de duración á que seguirá un ciber-reto nun espazo virtual seguro no que participará o alumnado en grupos de tres ou catro. Neste ciber-reto terán a oportunidade de por en práctica os coñecementos de ciberseguridade aprendidos na sesión anterior.
Pasarán á segunda fase, a nivel nacional, os cinco mellores equipos clasificados no ciber reto a nivel galego. Desenvolverase, con similares características e probas, en Aranjuez (Madrid) do 14 ao 16 de novembro.

Entre os centros galegos participantes están:

A Coruña Noia CPR Plurilingüe Maria Assumpta
A Coruña Rois CPI Plurilingüe dos Dices

Esta acción enmárcase no protocolo subscrito no ano 2022 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral da Garda Civil, así como nas estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta de Galicia. Non en balde, a primeira delas prevé a formación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no ámbito educativo, persoal ou profesional; mentres que a segunda recolle como unha das súas liñas de actuación o establecemento de actuacións específicas cara a unha convivencia dixital responsable.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...