Lousame licita por 191.000 euros o proxecto de redución da contaminación luminosa

13 Outubro 2023

O Concello de Lousame vén de licitar por 191.700 euros o proxecto de redución da contaminación luminosa e a mellora da eficiencia no alumeado público municipal. Trátase dunha iniciativa que en palabras do Goberno local permitirá que permitirá substituír un total de 344 puntos de luz no municipio cunhas luminarias obsoletas e cun rendemento moi baixo por outras de tecnoloxía LED cunha temperatura de cor de 3.000 K. As obras teñen un prazo de execución de 8 semanas e o prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro 24 de outubro.

En termos máis concretos, a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, detallou que “o proxecto inclúe a substitución de 348 puntos de luz do alumeado público, onde se cambiarán os sistemas de alumeado por sistemas LED, renovaranse os centros de mando e o cableado e instalaranse reloxos astronómicos de acendido e apagado para regular mellor o consumo”. Deste xeito, engadiu, “reduciremos o noso consumo enerxético, minoraremos o gasto municipal e axudaremos a unha mellor conservación do noso medio natural”.

Neste caso, as luminarias a substituír están emprazadas en catorce localidades do municipio e na súa contorna: Abeixón, Boca do Souto, Carabeiras, Cernande, Chave, Figueroa, Filgueira, Maxide, Outeiro, Portela, Pousada, Riatelo, San Roquiño e Seixido. Trátase dunha serie de núcleos que “a día de hoxe dispoñen dunhas luminarias e centros de mandos moi deterioradas polo paso do tempo, cun rendemento moi baixo e cunha tecnoloxía de baixa eficiencia e alto poder contaminante, como son as lámpadas de vapor de sodio, vapor de mercurio e de haloxenuros metálicos”, sinalou o rexedor, engadindo que en cada un dos centros de mando destas localidades acometeranse vairas reformas: substitución das luminarias por outras con tecnoloxía LED, renovación ou acondicionamento dos centros de mando, renovación dos tramos deteriorados, dotación de proteccións contra sobretensións e incorporación de acendido mediante reloxo astronómico en todos os cadros de mando. Unha tecnoloxía que contará con cando menos 5 anos de garantía en todos os seus compoñentes.

Este proxecto será co-financiado polo IDAE e o Concello de Lousame, que financiará os 37.000 euros da súa achega grazas ao préstamo do Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Un empréstito sen xuros e a devolver en 8 anos aprobado polo pleno municipal o pasado mes de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.