Leiro (Rianxo) celebra as Festas do Carme entre o 12 e o 15 de outubro

11 Outubro 2023

A parroquia de Leiro (Rianxo) empeza este xoves as Festas do Carme edición 2023. A axenda comeza ás 16.00 horas con actividades para a rapazada (nas pistas do centro cultural) e tren turístico polas rúas. Ás 21.00 horas actuará a banda Maghúa no campo da Veliña e ás 22.30, na mesma localización, Leite con Jalletas. Á medianoite será a quenda de DJ Pivitas.

O venres 13 está prevista unha verbena, a partir das 22.00 horas, con Assia e a Discoteca Móbil Chocolate.

O sábado 14, na honra de Santa Bárbara, comezará cunha ruada do Grupo de Gaitas de Barbude e seguirá cunha misa cantada e unha sesión vermú (a partir das 13.00 horas). Pola noite actuarán Fussión e Olympus.

O domingo 15, adicado á Virxe do Carme, comezará ás 9.30 cunha ruada do Grupo de Gaitas de Barbude. Ás 13.00 horas haberá misa cantada con concerto da Banda de Música de Rianxo. Ás 21.00 será a quenda da orquestra Finisterre (verbena).

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.