Fulano, Mengano e Citano inaugura o ciclo teatral do mes de novembro na Pobra

30 Outubro 2023

Catro funcións integran o ciclo teatral do mes de novembro que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A edil Patricia Lojo explica que no domingo 5 inaugúrase se”unha nova edición que pon en valor as artes escénicas ao tempo que seguimos apostando pola dinamización cultural con actividades acordes coas condicións meteorolóxicas propias da época do outono e do inverno.” Tamén fai fincapé na boa acollida desta mostra “ano tras ano” por parte do público.

Fulano, Mengano e Citano representará sobre as táboas do Elma, ás 19.00 horas, a función O que hai que ver; unha montaxe retranqueira que fará rir do propio e do alleo. Trátase dunha comedia que lle subministrará alegría ao público e convidará a pensar, pero cun sorriso. Humor, historias sorprendentes, teatro sen trucos e canción ao vivo son os ingredientes principais.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...