Este xoves a SAMI acolle unha nova conferencia sobre “Pequenos e grandes relatos nas coleccións da Catedral de Santiago de Compostela”

25 Outubro 2023

Este xoves 26 de outubro terá lugar o ciclo de conferencias Pequenos e grandes relatos nas coleccións da Catedral de Santiago de Compostela, organizado mediante unha colaboración entre a Fundación Catedral de Santiago e o Grupo de Investigación Iacobus: proxectos e estudos sobre patrimonio cultural, da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa está enmarcada dentro dos “Monográficos Iacobus”, cursos e seminarios que o devandito grupo ven desenvolvendo en torno a diferentes temas que tratan a arte galega dende múltiples perspectivas, sendo neste caso as protagonistas as obras das coleccións da Catedral de Santiago. Un dos grandes atractivos de esta actividade será o seu emprazamento, xa que ambas sesións transcorrerán na cripta de la Catedral, baixo o Pórtico de la Gloria.
No ciclo intervirán Ramón Yzquierdo Peiró, director do Museo da Catedral, e os profesores e investigadores do grupo Iacobus: Mª Dolores Barral Rivadulla, David Chao Castro, Marta Cendón Fernández, Begoña Fernández Rodríguez, Israel Sanmartín Barros, Ana Pérez Varela, Mª Dolores Fraga Sampedro, Mónica Rey Cabezudo, Miriam Elena López Cortés, Juan Manuel Monterroso Montero e José Manuel García Iglesias.
Ademais das conferencias que explicarán diversas obras da Catedral —tanto espazos arquitectónicos, pinturas, esculturas, pezas de orfebrería ou libros—, o ciclo inclúe unha visita diaria ás obras explicadas, acompañados dos relatores, que terán a oportunidade de comentar cos asistentes as dúbidas e explicacións diante das propias obras.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.