Este venres comeza o Seminario sobre a Memoria con actividades en Boiro, Rianxo e Lousame

03 Outubro 2023

Este venres 6 de outubro comezan as xornadas do Seminario sobre a Memoria organizado pola Nova Escola Galega, esta vez, por segundo ano consecutivo coa colaboración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. Esta XIII edición do Seminario leva por tema ́Un inferno para as mulleres e persegue os obxectivos, nas verbas da propia organización, de “achegar unha reflexión aos asistentes sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en Rianxo e Lousame”. Trátase, engade a NEG, de “colaborar na comprensión do presente” e “adoptar unha actitude responsábel e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza”.

O seminario desenvolverase os días 6, 7 e 14 de outubro. Os dous primeiros días no IES Félix Muriel de Rianxo e no Pazo de Goiáns de Boiro, mentres que a xornada do sábado 14 estará adicada ao traballo de campo a través dun roteiro por Lousame no que as persoas asistentes visitarán os lugares da memoria e represión do concello.

O seminario contará con investigadoras como Iria Morgado, para falarnos da metahistoria na memoria democrática a partir dos 60 ou como o ribeirense Xoán Fernández Callón que analizará a represión no Barbanza entre 1936 e 1948. A xornada do sábado rematará coas actuacións de Os Quinquilláns e de Barahunda. As persoas interesadas poden atopar máis información dirixíndose á páxina web www.neg.gal ou no teléfono 981 562 577.

Obxectivos da actividade

1 Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación.

2 Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.

3 Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.

4 Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza.

5 Colaborar na consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos.

Organiza a NEG en colaboración con Barbantia, IGALHIS (Instituto Galego de Historia), a Revista Galega de Educación, a Revista Galega de Historia (Murguía) e os Concellos de Rianxo, Boiro e Lousame.

Programa

Venres, 6 de Outubro de 2023

IES FÉLIX MURIEL – RIANXO

16.30 Recepción e entrega de documentación

17.00 Inauguración do seminario

Alcalde de Rianxo

Concelleira de Memoria Histórica de Boiro

Director do IES Félix Muriel

Presidente da Asociación Cultural Barbantia

Presidente Comisión Pola Recuperación Da Memoria Histórica do Barbanza

Presidenta de Nova Escola Galega

Coordinador do Seminario

17.15 IN MEMORIAM: XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA

17.30 Xosé Manuel Lobato Martínez

18.30 EXPOSICIÓN AS CORES DA MEMORIA E CONFERENCIA REPRESALIADOS DE TEO: O retrato como dignificación

Carme Rodríguez Rey, Miguel Paz Cabo, Alfonso Martínez López

18.30 Descanso

19.00 HOMENAXE E OFRENDA FLORAL AS E OS REPRESALIADAS/OS POLO FRANQUISMO NO CAMPO DE CONCENTRACIÓN EN RIANXO

Sábado, 7 mañá de outubro de 2023

IES FÉLIX MURIEL – RIANXO

10.00 CONFERENCIA-COLOQUIO

O patronato franquista: un inferno para mulleres aínda descoñecido

Montse Fajardo Pérez, xornalista, investigadora e ensaísta galega.

CONFERENCIA-COLOQUIO

11.00 “Non era unha represión individual, pretendía acabar coa idea da semente a través das familias”

X. Ramón Paz Antón, Helena Pousa Ortega, Marga do Val (Marga Romero

Lorenzo).

12:00 Descanso

12: 30 PRESENTACION DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN DA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DA USC SOBRE A MEMORIA HISTORICA

Alba Garrido: Mauthausen.

Iría Morgado: Metahistoria da memoria democrática a partir dos 60.

14.00 Almorzo (xantar)

Sábado, 7 tarde de outubro de 2023

PAZO DE GOIANS – BOIRO

16.00 CONFERENCIA-COLOQUIO

Vermellos e laicos, A represión fascista do maxisterio coruñés

17.00 PRESENTACIÓN

Revista Galega de Educación

Ana Parada Gañete e Uxía Bolaño Amigo

17.30 Descanso

18.00 CONFERENCIA-COLOQUIO

A represión no Barbanza (1936-1948) as cifras e os nomes

Xoán Fernández Callón

19.00 ACTO HOMENAXE – OS QUINQUILLAS, BARAHUNDA

Sábado, 14 de outubro 2023

LOUSAME

10.00 TRABALLO DE CAMPO I

Roteiro polos lugares da memoria en Lousame

Xerardo Agrafoxo Pérez, investigador da memoria histórica

14.00 Almorzo (xantar)

16.00 TRABALLO DE CAMPO II

Roteiro polos lugares da memoria en Lousame

Xerardo Agrafoxo Pérez, investigador da memoria histórica

Avaliación do seminario, conclusións e clausura

O Seminario contará coa presenza de Fernanda Cedrón, neta do Gardarríos, e asistirán tamén outros

familiares de persoas que foron represaliadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...