Este sábado celébrase a terceira edición do Open de Pesca de Corrubedo

26 Outubro 2023


O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes e o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentaron este xoves 26 de outubro, xunto a Fernando Piñeiro, presidente de Spinning Galicia, o III Open de Pesca que terá lugar o sábado 28 de outubro en Corrubedo.

Segundo sinalaron, no evento participarán unhas 165 persoas, que acudirán principalmente dende o litoral cantábrico e Portugal.

O torneo comezará sobre as 7,30 da mañá, momento no que os participantes sairán cara a zona de pesca designada segundo a meteoroloxía. Ás 13,00 horas terá lugar a recollida e pesaxe dos peixes, cun posterior xantar de confraternización.

O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, agradeceu á organización a escolla do municipio de Ribeira para este evento que “axuda a promover a pesca deportiva e impulsa o turismo na nosa terra”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.