
Os catro tripulantes do pesqueiro “Nuevo abeijón” afundido fronte a monte Louro, en Muros foron rescatados esta mañá tras conseguir chegar ás rochas tras o naufraxio do barco no que faenaban.
O buque con porto base en Noia naufragou na zona do Neixón na mañá deste martes, segundo informou Salvamento Marítimo, que recibiu o aviso ás 10.30 horas doutros pesqueiros que se atopaban na zona. .
O mal estado do mar e a proximidade ás rochas impediron que outras embarcacións puidesen axudar á tripulación do pesqueiro, que conseguiu chegar a unhas pedras para poñerse a salvo. onde poideron ser recollidos polo helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia, que procedeu ao seu traslado ao Hospital do Barbanza. No operativo tamén participaron a embarcación Salvamar Regulus e a aeronave Helimer 401, coordinadas dende a xefatura de Salvamento Marítimo.
O Servizo de Gardacostas de Galicia alertaba ao 112 Galicia, ao fío das 10:30 horas, da mobilización do helicóptero de rescate Pesca I a petición de Salvamento Marítimo de Fisterra. Segundo informan, unha embarcación con catro tripulantes a bordo encallara nunhas rochas, onde os mariñeiros se atopaban subidos mentras esperaban o rescate. O accidente produciuse na zona de Monte Louro.
Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil, ao GES de Muros, á Policía Local de Muros e aos membros de Protección Civil.Con todo, Salvamento Marítimo confirma ao 112 Galicia, que a embarcación quedou totalmente destrozada tras bater contra as rochas e afundirse.