Ducias de coches estacionados no aparcadoiro disuasorio da Rúa Agustín Fernández Oujo e na Rúa Cordieiro, en pleno centro de Ribeira, apareceron raiados cun obxecto punzante, e mesmo un deles cos dous espellos retrovisores arrincados.
Patrullas da Policía Local e Nacional, abriron unha investigación para tratar de esclarecer este suceso que xerou un enorme malestar na zona.
Os afectados comentaron que teñen moi claro que o suceso ten relación coa existencia de varios puntos negros de venda de droga nesa contorna, especialmente unha vivenda da Rúa Cordieiro, que foi tapiada con ladrillos e que está moi próxima á zona onde apareceron os coches con danos e do que indicaron que é un punto de conflitividade.




