David Chipperfield, convidado polo Programa ConCiencia da USC

20 Outubro 2023

O arquitecto David Chipperfield, gañador do Premio Pritzker de Arquitectura 2023, visitará Compostela o 8 de novembro no marco do programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, investigador, escritor e divulgador Jorge Mira. Na súa estadía, Chipperfield manterá un encontro aberto coa cidadanía que se desenvolverá no Centro Galego de Arte Contemporánea. Como lembraremos, Chipperfield é un prestixioso arquitecto e urbanista inglés afincado en Corrubedo (Ribeira), onde está a sede principal da Fundación RIA, impulsada por el mesmo co obxectivo principal de “recuperar a rica tradición construtiva do Barbanza e da súa contorna, así como a súa estreita relación ancestral coa natureza e a paisaxe”.

David Chipperfield. FOTO: Christian Werner

Recentemente foi distinguido co Premio Pritzker, considerado popularmente como “o Nobel da arquitectura”. O xurado valorou o “seu compromiso cunha arquitectura de presenza cívica sobria pero transformadora e a definición, mesmo a través de encargos privados, do espazo público, desenvolvida sempre con austeridade, evitando movementos innecesarios e afastándose de tendencias e modas, o cal é unha mensaxe de gran relevancia para a nosa sociedade contemporánea”.

Biografía

David Chipperfield estudou arquitectura na Kingston School of Art e na Architectural Association School of Architecture de Londres antes de fundar o seu propio estudio en 1985. Creou unha metodoloxía de deseño que agora se utiliza en cinco oficinas de Londres, Berlín, Milán, Shanghai e Santiago de Compostela. Amais, é membro do Royal Institute of British Architects e integrante honorario do American Institute of Architects e do Bund Deutscher Architekten. Entre os recoñecementos que recibiu están a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, concedida en 2009, e o título de cabaleiro polos servizos prestados á arquitectura no Reino Unido e Alemaña, concedido en 2010. En 2011 recibiu a Real Medalla de Oro de Arquitectura do RIBA e, en 2013, o Praemium Imperiale da Asociación de Arte de Xapón, ambos os dous en recoñecemento ao seu labor ao longo de toda a súa carreira. En 2021 foi nomeado membro da Order of the Companions of Honour polos servizos á arquitectura, e en 2023 foi galardoado co Premio Pritzker de Arquitectura.

Ademais do seu traballo de deseño arquitectónico, David Chipperfield impartiu clases e deu conferencias en escolas de arquitectura de todo o mundo. En 2012 comisariou a 13ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia baixo o título Common Ground. Foi o mentor de arquitectura entre 2016 e 17 para a iniciativa Rolex Mentor and Protégé Arts. En 2017 fundou a Fundación RIA, unha entidade privada sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento económico, ambiental e cultural en Galicia.

Entre os anos 2006 e 2022, máis dunha trintena de premios Nobel aterraron na USC grazas ao programa ConCiencia que a institución compostelá desenvolve de xeito conxunto co Consorcio de Santiago. Este programa de divulgación científica procura non só a proxección da cidade de Compostela como foco universal do pensamento, senón que tamén serve de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores e investigadoras da USC.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...