Clausurado o obradoiro de emprego impulsado por Noia, Lousame e Outes

02 Outubro 2023

Este luns 2 de outubro clausurouse no Consistorio noiés o obradoiro de emprego impulsado polos Concellos de Noia, Lousame e Outes, co apoio da Xunta, e que este ano formou a 20 persoas desempregadas en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. No acto participou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, quen felicitou aos profesores e aos alumnos polo resultado dos traballos realizados neste taller de formación e recalcou que “agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego”. Tamén acudiron os alcaldes de Noia, Outes e Lousame, Santiago Freire, Manuel González e Teresa Villaverde, respectivamente.

Trenor lembrou que as persoas participantes combinaron un contrato de formación e aprendizaxe durante 12 meses, cun contrato en prácticas nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. “O obxectivo”, incidiu, “é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación”.

Na clausura o delegado da Xunta informou tamén da resolución completa dos novos obradoiros de emprego de garantía xuvenil dirixidos aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para o ano 2023-2024, que permitirá a realización dun total de 6 talleres na provincia da Coruña. “Mediante estas iniciativas”, dixo, “a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego nestes obradoiros na provincia da Coruña máis de 2,5 millóns de euros e na comarca da Coruña máis de 840.000 euros”.

O delegado da Xunta informou de que, en breve, notificaranse os talleres de emprego duais nos que a Xunta fará un gran esforzo para atender a demanda de todos os concellos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.