A Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro organizan o vindeiro 27 de outubro a presentación do volume colectivo A Cultura é un dereito. Unha visión social da Cultura (coordinado por Alberto García). Será o vindeiro venres ás 20.30 horas no Pazo de Goiáns, en Boiro. Na cita cultural tamén será presentado o suplemento cultural A Voz de Barbantia, número 188, que sairá á rúa ao día seguinte, 28, de maneira conxunta co xornal La Voz de Galicia.

Participarán María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro, Pastor Rodríguez, coordinador da Asociación Cultural Barbantia, Natividad González, deputada de Cultura (Deputación da Coruña), Alberto García (coordinador do volume) e José Ramón Romero, alcalde de Boiro.



