Este mércores 25 de outubro ás 12 horas do mediodía, un grupo de activistas do Equipo de Relacións Institucionais de Amnistía Internacional Galicia xunto con representantes do Grupo de Santiago representarán fronte á sede da Consellería de Sanidade en Santiago a entrega de máis de 400.000 sinaturas recollidas en todo o país pola organización para reclamar que os gobernos autonómicos adiquen un 25% do gasto a Atención Primaria, “tal e como recomenda a OMS”, segundo sinalou a ONG, engadindo que “é preciso recordar que a Xunta de Galicia é o segundo Goberno autonómico que menos porcentaxe de gasto deste tipo, cun 11,79% no 2021 e só por diante da Comunidade de Madrid”. Este dato, apuntan, “atópanse lonxe do 14,46% de media nacional e aínda máis afastado do 25% recomendado pola OMS”. Podemos consultar na web da ONG a petición conxunta das sinaturas.
—



