Airiños conmemora os seus 90 anos reinterpretando “Os vellos non deben namorarse” de Castelao (o 22 de outubro e o 5 de novembro no Auditorio de Rianxo)

21 Outubro 2023

Este domingo 22 de outubro e máis o vindeiro 5 de novembro vaise celebrar en Rianxo unha das máis importantes estreas teatrais da tempada nos escenarios galegos, en parte pola importancia do texto que lle serve de base e do autor que lle deu forma, e tamén, porque constitúe unha das celebracións programadas este ano para festexar os 90 anos de actividade da agrupación local Airiños. Trátase da nova versión de Os vellos non deben namorarse, de Castelao, agora en clave feminina da man do grupo teatral de Asados: As vellas non deben namorarse. Será na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo en dúas funcións, programadas para o 22 de outubro e o 5 de novembro, a partir das 19.00 horas.

As vellas non deben namorarse é unha versión do clásico de Castelao no que as maiores se converten en anciás. Grazas a iso aparecen diversas identidades e orientacións sexuais, que dan á obra unha perspectiva actual. A posta en escena conta ademais con música orixinal e un vestiario que nos achega á actualidade. “Todo iso crea unha mostra interdisciplinar de humor e reflexión sobre as relacións humanas”, explican dende a agrupación.

Ficha da obra (Airiños)

Castelao escribe Os vellos non deben de namorarse durante a súa estadía en New York no 1939 “para regalía do pobo galego”. Unha obra dramática que conxuga a tradición galega coa vangarda europea.

Neste 2023, e con motivo da celebración do noso 90 aniversario, o grupo Airiños quixo revisar este clásico para observar que ocorre “se os vellos pasan a vellas e deixamos paso a outras identidades”. A encargada deste experimento foi Amantia Coello, quen tamén dirixe e se encarga da escenografía.

Explícao Airiños deste xeito: “A nova versión non só consiste en trocar o ‘o’ polo ‘a’, senón que leva a toda unha reflexión sobre o amor, a idade, a morte e os intereses económicos e sociais. Unha proposta acompañada dunha estética chea de cor e música, que a achega aos nosos días”.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

Ribeira homenaxea este martes á actriz Susana Sampedro

Este martes 25 de xuño o Concello, a Corporación e a cidadanía de Ribeira van render homenaxe á actriz local Susana Sampedro (Ribeira, 1978), recentemente distinguida co Premio Mestre Mateo 2024 á mellor actriz de reparto na longametraxe Matria, de Álvaro Gago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....