Mapean con drons e IA o crecemento da cría do mexillón cun 95% de efectividade

18 Outubro 2023

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Vilanova de Arousa nunha demostración de uso desta solución innovadora, que está a desenvolver un consorcio de empresas liderado por Telespazio Ibérica no Polo Aeroespacial de Galicia

A Xunta de Galicia probou hoxe unha nova solución para obter información permanentemente actualizada sobre o crecemento e evolución da presenza da semente de mexillón no litoral galego. Trátase dunha aplicación que amosará datos obtidos mediante sensores de alta resolución embarcados en vehículos non tripulados e intelixencia artificial que permitirá determinar a cantidade de mexilla e optimizar a súa recollida.

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe nesta xornada de demostración que tivo lugar no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Vilanova de Arousa, na que se avanzaron os resultados deste proxecto. Asistiron tamén representantes do Instituto Tecnolóxico do Mar (Intecmar), do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) e da Consellería do Mar, así como do sector mexilloeiro.

A solución desenvolvida proporciona un conxunto de ferramentas que cobren as fases de captura, catalogación, análise e explotación de datos relativos á evolución da semente de mexillón. A través de vehículos non tripulados e intelixencia artificial captúranse e analízanse os datos, identificando a presenza de mexilla e, potencialmente, de percebe, así como doutras especies presentes no ecosistema, mediante un proceso de segmentación e zonificación da información recollida.

Esta tecnoloxía permite deseñar e planificar as operacións de captura de datos sobre o terreo mediante UAVs, almacenar e clasificar a información obtida nunha base de datos xeoespacial, presentar a información recollida asociada ás características morfolóxicas do terreo, á orientación e pendente do litoral; dispoñer de información sobre as zonas onde se dá unha presenza sensible e predominante de mexilla, coñecer a evolución do recrutamento de semente de mexillón nun intervalo de tempo determinado; e facilitar a consulta e análise de información mediante ferramentas avanzadas de explotación de datos.

O proxecto, adxudicado por un importe de 500.000 euros, está a ser desenvolvido pola compañía Telespazio Ibérica, nun consorcio no que tamén participan as empresas galegas Aeromedia e Bahía Software, o centro tecnolóxico Gradiant e o Instituto de Investigacións Mariñas IIM-CSIC, con sede en Vigo. O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e o Centro Tecnolóxico do Mar foron as entidades que identificaron este reto ao que dar resposta con tecnoloxías de sistemas non tripulados e tamén as futuras entidades usuarias da solución desenvolvida.

É un dos cinco proxectos adxudicados pola Axencia Galega de Innovación este ano, con financiamento de Fondos Feder REACT-EU como parte da resposta da Unión Europea á pandemia por covid-19, para impulsar a compra de solucións innovadoras próximas ao mercado que poidan incorporarse a curto prazo á carteira de servizos públicos. A atención sanitaria urxente no Camiño de Santiago, a monitorización de zonas forestais para a prevención, extinción de incendios e restauración post-incendios, a inspección e vixilancia pesqueira, marisqueira e acuícola e a localización de persoas extraviadas son os outros catro proxectos que están en fase de desenvolvemento.

Con este conxunto de solucións innovadoras, a Xunta de Galicia quere impulsar a transformación dixital dos seus servizos públicos. Exerce como primeiro cliente das tecnoloxías desenvolvidas, se os resultados son satisfactorios, facilitando o seu despregue e impulsando uns servizos públicos máis modernos e dixitalizados; e proporcionando un mellor posicionamento no mercado das innovacións tecnolóxicas creadas.

Solucións despregadas nos servizos públicos

Galicia é pioneira en incorporar solucións con sistemas non tripulados na prestación dos servizos públicos, poñendo as tecnoloxías punteiras desenvolvidas en Galicia ao servizo das persoas. Como resultado do programa de Solucións desenvolvido pola Xunta de Galicia no período 2015-2020, os servizos públicos galegos contan xa na súa operativa con solucións innovadoras con tecnoloxías de sistemas non tripulados que se empregan na realización de mostraxes de augas interiores para o control da calidade das augas, na detección de pragas forestais en territorios fronteirizos e na mellora da xestión e planificación do territorio a través da Plataforma Territorio Intelixente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Outros artigos

Santiago Llovo presentou o libro “A salga en Cee e Dumbría”

O xornalista Santiago Llovo, un dos grandes expertos da actualidade na nosa rica historia pesqueira, conserveira e mariñeira, presentou en Dumbría, este xoves 10 de outubro o seu libro A salga en Cee e Dumbría. Interviñeron na presentación (acompañando ao escritor) a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...