A Xunta presentará ao sector portuario de Rianxo un proxecto de remodelación e ampliación do amarre para frota profesional

03 Outubro 2023

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta tarde a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación coa mellora da operatividade no porto de Rianxo.
Álvarez Vidal informou de que o ente público ten prevista para os vindeiros días a presentación ao sector portuario rianxeiro da proposta técnica na que se veu traballando nos últimos meses para ampliar o número de prazas de amarre existentes e dar resposta á demanda da frota actual.
O presidente de Portos remarcou que desde o ente público se están a analizar desde hai meses varias alternativas técnicas para ampliar as instalacións a área de amarres de Rianxo. Inicialmente, estas alternativas estiveron baseadas no cambio de localización das instalacións náutico-recreativas, que estaba a tramitar o club náutico. Ante o desestimento desta entidade sobre este traslado, os servizos técnicos de Portos de Galicia remodelaron a proposta, adaptándoa á configuración actual do porto.
Finalmente, Álvarez Vidal subliñou que o proxecto de mellora da operatividade e ampliación do número de prazas de amarre para os máis de 100 usuarios desta instalación foi elaborado en coordinación co sector profesional rianxeiro, tendo en conta as necesidades das frotas pesqueira e bateeira, consultadas de xeito recorrente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.